Onte o celta gañou en Balaidos o Xirona por 2 goles a 0, tantos que marcarían David Rodriguez, que leva 6 goles no que vai de tempada, e Iago Aspas, que leva 5 en 4 partidos.
Visto o resultado pódese deducir que a cousa foi boa, 6 puntos en 2 partidos e voltamos a recuperar a confianza na nosa casa, pero onte, pro meu gusto, Paco Herrera pasouse... Xa o viña advertindo uns días antes, que faría un equipo casi novo, e en declaracións posteriores o partido dixo: "Hemos tenido la frialdad de refrescar a ocho jugadores y la paciencia de sacar en la segunda parte, cuando nos tocaba, otros futbolistas para tratar de ganar".
Falando cun colega despois do partido diciame que non via mal cambiar 8 xogadores cando tivemos partido fai 4 dias, e que o partido de onte, en teoría era fácil e os suplentes do celta danlle mil voltas o titular do xirona. Isto na 2ª división pode sair moi caro... Como xa dixen na anterior actualización, una cousa é rotar a 3 ou 4, icluso 5 xogadores, pero hay outros que teñen que xogar si o si, e rotalos de vez en cando, non sempre.
O medio do campo con Insa e Bustos deu lastima, non podes xogar con dous homes que non teñen saída de balón. Por nome pintan moi ben, bustos e un ferrote que o da todo no campo, e insa recupera ben e cumpre, pero falta alguén que mova o balón cara arriba. Na defensa defensas son, teñen que cumprir esté quen esté, e na dianteira igual (Aspas está moi ben, pero se lle pode dar un pouco de descanso que David tamén cumpre), pero no medio do campo hay unhas limitacións, non podes ter dous destructores e confiar en que a dianteira enganche algo por si soa...
Onte saiu ben, e a xente está contenta, pero se na primeira metade non anulan o gol do xirona en fora de xogo, pode que outro galo estivese a cantar... Herrera arriscou moito e saiulle ben, alegrome de veras, supoño que eu son mais reservado pra esas cousas e non me gusta facer cambios tan radicais. Din que o que non arrisca non gaña, e esta vez gañouse. Esperemos que cada vez que arrisque veñan os mesmos resultados...Dous partidos na casa e duas victorias, sigamos asi.
Tedes que perdoarme por ser un escéptico coas decisións do mister, pero estou curado de espanto de tantos anos...Dito isto, o fin de semana imos polo Vilarreal B, que siga a festa!!
LET´S GO CELTA!!





