domingo, 23 de octubre de 2011

Borja Oubiña


Unha das cousas que mais me gustaron do partido de onte foi este home, Borja Oubiña.

Na época do euro celta estaba chamado a despuntar no medio campo do fútbol español, chegando a xogar Champions League e UEFA e debutando coa selección absoluta de España.
Isto fixo que varios equipos europeos chamasen a súa porta, pero finalmente, na tempada 2007/08 foi cedido o Birmingham City F.C, onde a súa carreira comezaría a caer en picado por culpa dunha lesión.
Foi na sexta xornada da premier nun escenario de ensono, en Anfield Road fronte o Liverpool, cando os 11 minutos do partido, Borja choca con Kuyt e sufre unha rotura dos ligamentos do xeonllo esquerdo, deixandoo afastado dos terreos de xogo durante varias tempadas.
Despois desta tráxica lesión, Borja volveu o Celta, onde tras varias tempadas de recuperación, incluindo varias recaidas, parece que volve a coller ritmo de competición.
Sen dúbida, recuperar a Oubiña é un gran paso cara o ascenso. Un dos mellores xogadores da categoría se se atopa con forzas. Un gran paso pra él o partido de onte e un gran paso pro celta recuperar a un xogador das súas características.

Segue así Borja e nos darás moitísimas alegrías. Non hai un xogador no celta que lle poña a cabeza que lle pos ti o fútbol. Noraboa rapaz!!

E coma sempre: LET´S GO CELTA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario