viernes, 4 de noviembre de 2011
Outro partido mais?
Está claro que entre celta e depor hai unha gran rivalidade, sempre a existiu e sempre existirá... Estes días estou a escoitando a moita xente dicir que so é un partido máis, 3 puntos igual que os que nos xogamos fronte o cartaxena este sábado. Pode que sexan 3 puntos, pra alguén que non sepa o que é ter un derbi quentiño, o que é a rivalidade. Anos e anos de mofarnos uns dos outros. Falo dese pique san, ese colega ou coñecido que segue o depor, poder atoparte con él e miralo con aire de superioridade, non creo que unha victoria sepa tan ben...
O problema desta fin de semana son as tarxetas. Alex López cumple ciclo se lle sacan unha amarela, e perderíase o derbi... Oubiña está lesionado e non se sabe se poderá chegar tampouco a riazor. Que se fai?Que xogue Alex contra o Cartaxena e arriscamonos a ter un medio do campo totalmente defensivo en Riazor? Xogamos a ruleta en Balaidos contra o Cartaxena?Vos que fariades?
Volvo repetir que os 3 puntos son os mesmos fronte o depor que fronte o cartaxena, pero a min persoalmente, e creo que a maioria da afección, non lle saben igual... Creo que conseguir a victoria en Riazor pode ser un gran aliciente pra afección, pra darlle un pouco de alegría o corpo e que a xente empece dunha vez a ir a Balaidos.
LET´S GO CELTA!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario