Xa case comezou. Comeza a cheirar a Coruña, a herba e a coiro. Comeza a cheirar a lume...
Todo afeccionado do Celta ou do Depor sabe do que estou falando. A xente chámanos tolos por ir a Riazor, fanáticos por deixarnos os cartos nunha viaxe de ida e volta no que nos van a recibir a paos, pero soamente nos sabemos o significado que ten sentir unhas cores nun derbi coma este.
Esa sensación cada vez que alguén nomea o partido, eses piques sobre quen ten máis títulos, a mellor afección ou quen gañou a máis equipos europeos...Comezar a soltar unha alineación de memoria cos teus xogadores favoritos, recordar a Djalminha con Mostovoi chamandoo mono, iso si que non ten prezo. Esa patada de Vagner a Diego Tristan no corner...
Chámannos irracionais e violentos, que con as provocacións só buscamos bronca. Diso nada, chámase rivalidade. Por suposto que hay descerebrados, coma en todas partes, pero a rivalidade non é necesariamente mala, o contrario, é espectáculo, puro e duro, sempre e cando se sepa onde está o límite.
O único que espero é un partido bonito, sen incidentes e sair o Domingo de Riazor coa cabeza ben alta e os 3 puntos no saco...
Arde Riazor!! LET´S GO CELTA!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario