lunes, 24 de octubre de 2011
Un dos grandes
No encontro ante o Huesca destacaron moitos xogadores, por non dicir todos (ata Vila fixo un partido bastante decente). Normalmente cando hai goleadas deste estilo, únicamente fálase de tales goleadores coma Aspas e Joan Tomás ou do papelón de Bermejo e de Oubiña.
Pra min un dos mellores do partido foi este rapáz, Álex López, un xogador cunha clase tremenda. Herrera tíñanos acostumados a velo por diante da linea do medio campo escorado a banda, pero neste encontro estivo por detrás, sacando balóns con moitísimo criterio e demostrando que un dos seus fortes e o un contra un. O ano pasado xa se presentaba como unha das perlas do equipo, e este ano está demostrando que segue en plena forma. Se segue nesta linea está chamado a ser unha das pezas claves pra lograr o ascenso. Grande Álex!
LET´S GO CELTA!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario