viernes, 11 de noviembre de 2011

Cheira a porco queimado


Xa case comezou. Comeza a cheirar a Coruña, a herba e a coiro. Comeza a cheirar a lume...
Todo afeccionado do Celta ou do Depor sabe do que estou falando. A xente chámanos tolos por ir a Riazor, fanáticos por deixarnos os cartos nunha viaxe de ida e volta no que nos van a recibir a paos, pero soamente nos sabemos o significado que ten sentir unhas cores nun derbi coma este.
Esa sensación cada vez que alguén nomea o partido, eses piques sobre quen ten máis títulos, a mellor afección ou quen gañou a máis equipos europeos...Comezar a soltar unha alineación de memoria cos teus xogadores favoritos, recordar a Djalminha con Mostovoi chamandoo mono, iso si que non ten prezo. Esa patada de Vagner a Diego Tristan no corner...
Chámannos irracionais e violentos, que con as provocacións  só buscamos bronca. Diso nada, chámase rivalidade. Por suposto que hay descerebrados, coma en todas partes, pero a rivalidade non é necesariamente mala, o contrario, é espectáculo, puro e duro, sempre e cando se sepa onde está o límite.
O único que espero é un partido bonito, sen incidentes e sair o Domingo de Riazor coa cabeza ben alta e os 3 puntos no saco...






Arde Riazor!! LET´S GO CELTA!!

viernes, 4 de noviembre de 2011

Outro partido mais?


Está claro que entre celta e depor hai unha gran rivalidade, sempre a existiu e sempre existirá... Estes días estou a escoitando a moita xente dicir que so é un partido máis, 3 puntos igual que os que nos xogamos fronte o cartaxena este sábado. Pode que sexan 3 puntos, pra alguén que non sepa o que é ter un derbi quentiño, o que é a rivalidade. Anos e anos de mofarnos uns dos outros. Falo dese pique san, ese colega ou coñecido que segue o depor, poder atoparte con él e miralo con aire de superioridade, non creo que unha victoria sepa tan ben...
O problema desta fin de semana son as tarxetas. Alex López cumple ciclo se lle sacan unha amarela, e perderíase o derbi... Oubiña está lesionado e non se sabe se poderá chegar tampouco a riazor. Que se fai?Que xogue Alex contra o Cartaxena e arriscamonos a ter un medio do campo totalmente defensivo en Riazor? Xogamos a ruleta en Balaidos contra o Cartaxena?Vos que fariades?
Volvo repetir que os 3 puntos son os mesmos fronte o depor que fronte o cartaxena, pero a min persoalmente, e creo que a maioria da afección, non lle saben igual... Creo que conseguir a victoria en Riazor pode ser un gran aliciente pra afección, pra darlle un pouco de alegría o corpo e que a xente empece dunha vez a ir a Balaidos.

LET´S GO CELTA!!